Bierce, Ambrose (1842-1914)

El monje y la hija del verdugo / Bierce, Ambrose; Tradución de Patricia Willson; Ilustracións de Santiago Caruso - Barcelona : Libros del Zorro Rojo , 2021 - 136 p. ;22cm

En 1680, o remoto mosteiro de Berchtesgaden nos Alpes bávaros foi o escenario do desgraciado amor entre Ambrosio, un mozo franciscano, e Benedicta, a filla dun verdugo. Dous séculos máis tarde, Ambrose Bierce interpretou os sinistros pormenores da lenda ata convertela na súa única novela e nunha das cimas da literatura gótica, na que se mesturan a fe, o desexo, a culpa e a redención.

A historia do monxe e a filla do verdugo empeza coa chegada do mozo franciscano que, arrepiado polo trato dos habitantes da zona cara á rapariga por mor da ocupación do seu pai, emprende unha loita para protexela baixo o pretexto da caridade cristiá. Con todo, aos poucos e sen darse conta, irá caendo nunha fatal atracción da que tratará de fuxir.

O admirable suspense destas páxinas discorre nunhas paisaxes alpinas de natureza abrupta e lúgubre, que inflúen tanto na historia como nos propios protagonistas, impregnados dun aura morbosa que lles arrebata os sentidos e condúceos cara ás máis baixas paixóns. Este clima de terror vese potenciado polos esgrafiados de Santiago Caruso, que se abisman neste relato de amor prohibido, destrución e traxedia. «Dicir que se centra o conflito na loita entre Amor e Misión sería xerar un gastado déjà vu. Eu concíboo como unha batalla entre Natureza e Relixión. Pensei entón en pintar o animal e o vexetal invadindo a percepción da moral do mundo do Home e de Deus», explica o ilustrador arxentino.


3º-4º ESO 1º-2º BAC


Gótica
MISTERIO
Amor

82-N 821.111-3"18"

Coa tecnoloxía Koha