Blanco, Isabel

Galegas na ciencia / Isabel Blanco - 1ª ed. - Vigo : Belagua , 2021 , 1ª edición, 2ª reimpresión, outubro 2022 - 47 p. : il. cor ; 28 cm

«Hai tempo que lle debía a unha amiga un libro sobre mulleres e ciencia, un libro que animase as novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen; un libro que axudase a romper estereotipos de xénero e abrise as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. E, para iso, decidín apoiarme na historia de vinte mulleres científicas.

A súa elección non foi froito do azar. Os criterios de selección estiveron guiados por varias premisas.

A primeira delas, a galeguidade, é dicir, que fosen mulleres, nadas ou non en Galicia —a maioría naceron aquí— cuxas vidas profesionais se desenvolvesen ou estivesen fortemente vinculadas a esta terra.

A segunda premisa foi que esas mulleres atravesasen as portas —tanto tempo pechadas para elas— do mundo científico e tecnolóxico e o fixesen a pesar dos obstáculos e, en ocasións, das burlas e dos desprezos. Quixen rescatar as pioneiras, as primeiras, as que abriron o camiño para as demais.

Por último, o criterio cronolóxico levoume a comezar no século xviii, onde atopei a Isabel Zendal, e terminar en 1948. As razóns para rematar nese ano foron, por unha banda, pechar unha década e, por outra, retratar parte dos anos máis difíciles de España, coa Guerra Civil polo medio. Desde logo, as décadas dos 50 e 60 do século xx tampouco foron fáciles para as mulleres, pero o maio do 68 en Francia e a segunda onda feminista que percorreu as décadas dos 60, 70 e 80 daban azos cara á procura dunha sociedade igualitaria.

Aínda seguindo estes criterios quero aclarar que hai moitas máis mulleres galegas que desde o século xviii e ata os anos 50 do xx se dedicaron ao mundo da ciencia, a tecnoloxía e a investigación. Centos. E hoxe, máis de medio século despois, miles. E queremos ser centos de miles.

Este libro é homenaxe e alento, é memoria e presente e, sobre todo, é saberse futuro».

De Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas. Elas abriron as portas da ciencia a milleiros de mulleres. Da súa personalidade falan, ao mesmo tempo, os textos de Isabel Blanco e os magníficos retratos á acuarela da ilustradora María Lapido, que fan deste libro unha obra de arte.

5º-6º Primaria 3º-4º ESO 1º-2º ESO

9788412143362


Científicas--ODS.5--ODS.9
Igualdade
Mulleres
Biografía


Galicia

92 929

Coa tecnoloxía Koha