Cantini, Barbara

Xoga e crea con Mortiña : Unha noite espantosamente divertida / Barbara Cantini - 1ª ed. - A Coruña : Hércules de Ediciones , 2022 - 64 p. : il. cor ; 24 cm - Mortiña .

Barbara Cantini naceu en Florencia no 1977. Despois de licenciarse, graduouse en cine de animación. Traballou como animadora de debuxos animados en varias series de TV para a RAI ata o 2011, cando gañou o concurso «Ilustrador do ano». Desde aquela dedícase a tempo completo á ilustración, e colabora con editores americanos, ingleses e italianos. Vive no campo florentino co home, coas dúas fillas, con catro gatose cun hámster moi valente… xa zombi. No 2017 publicou o primeiro volume da serie Mortiña, un éxito internacional traducido a vinte e tres linguas, ao que seguiu Mortiña. Un curmán repugnante, Mortiña. O amigo pantasma e Mortiña e as vacacións no lago Misterio.

Únete ao mundo de Mortiña e aprende a vestirte e a disfrazarte coma ela, convértete nun perfecto anfitrión zombi e aprende a contar chistes arrepiantes. Talla unha cabaza, decora o teu cuarto e invita os teus amigos e amigas. E cando ouvee o timbre? A TÚA FESTA DE MEDO PODERÁ COMEZAR!

3º-4º Primaria

9788418966491


Diversión
Medo
Samaín
Xogos
Creatividade

82-C g 79

Coa tecnoloxía Koha