Unha educación / Tara Westover. Tradución de María Alonso Seisdedos.
por Westover, Tara (1986-) [autor/a]
; Alonso Seisdedos, María [tradutor/a]
.
Tipo: ![materialTypeLabel](/opac-tmpl/lib/famfamfam/BK.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
![](/opac-tmpl/bootstrap/images/filefind.png)
Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Lama das Quendas Sala préstamo | 82-N g WES edu | 1 | Dispoñible | LED013000014152 |
|
Primeiro posto dos máis vendidos no New York Times, Wall Street Journal e Boston Globe • Un dos libros máis aclamados dos nosos tempos: os recordos inesquecibles dunha moza que, privada de ir á escola, abandona a familia survivalista e consegue doutorarse pola Universidade de Cambridge.
Considerado un dos mellores dez libros do ano polo suplemento literario do New York Times • Finalista: do NationalBook Critics Circle’s Award na sección de Memorias e no John Leonard Prize como mellor libro • Premio PEN/Jean Stein • Premio ao mellor libro de Los Angeles Times.
Tara Westover, que naceu nas montañas de Idaho no seo dunha familia de mormóns fundamentalistas cuxo obxectivo era prepararse para a chegada da fin do mundo, tiña dezasete anos a primeira vez que entrou nunha aula. A súa familia vivía tan illada da sociedade convencional que non había ninguén que se preocupase porque os fillos acudisen á escola nin ninguén que interviñese cando un dos irmáns máis vellos se volveu violento. Tras o ingreso doutro dos seus irmáns na universidade, Tara decidiu probar unha forma diferente de vivir. O interese polo coñecemento transformouna e levouna a cruzar océanos e continentes, a Harvard e á Universidade de Cambridge. Só entón se preguntou se non se afastara de máis, se aínda podería encontrar o camiño de regreso á casa.