Hasta que empieza a brillar / Andrés Neuman
por Neuman, Andrés (1977- ) [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| IES Lama das Quendas Sala préstamo | 82-N c NEU has | Dispoñible | LED013000015029 |
|
Adoitamos identificar a María Moliner co seu dicionario, «o máis completo, útil e divertido da lingua castelá», segundo García Márquez. Pero por que sentou a escribilo aos cincuenta anos, en plena ditadura franquista? Como puido completar, practicamente soa, o dicionario de autora máis importante de todos os tempos?
Ata que empeza a brillar conta a historia íntima de María Moliner, partindo dunha atractiva premisa literaria: narrar de corpo enteiro á protagonista a través do seu vínculo coa lingua. Á vez, proponnos unha suxestiva hipótese: e se o seu dicionario fose tamén unha sorte de autobiografía oculta?
Esta é a vida novelada dunha figura apaixonante, retratada desde unha infancia difícil ata un final insospeitado, pasando polo seu extraordinario labor como bibliotecaria na República ou a súa polémica candidatura á Real Academia. Entre a investigación e a imaxinación, combinando a comedia, o drama familiar e a traxedia colectiva, ábrese paso a historia dunha resistencia secreta. Un acto de xustiza co legado dunha muller que viviu ao contraxeito e explorou as palabras ata que empezaron a brillar.