El monje y la hija del verdugo / Bierce, Ambrose; Tradución de Patricia Willson; Ilustracións de Santiago Caruso
por Bierce, Ambrose (1842-1914) [autor/a]; Willson, Patricia [tradutor/a]; Caruso, Santiago [ilustrador/a].
Tipo: LibroEditor: Barcelona : Libros del Zorro Rojo , 2021 Descrición: 136 p. ;22cm.Materia(s): Gótica | MISTERIO | AmorResumo: En 1680, o remoto mosteiro de Berchtesgaden nos Alpes bávaros foi o escenario do desgraciado amor entre Ambrosio, un mozo franciscano, e Benedicta, a filla dun verdugo. Dous séculos máis tarde, Ambrose Bierce interpretou os sinistros pormenores da lenda ata convertela na súa única novela e nunha das cimas da literatura gótica, na que se mesturan a fe, o desexo, a culpa e a redención. A historia do monxe e a filla do verdugo empeza coa chegada do mozo franciscano que, arrepiado polo trato dos habitantes da zona cara á rapariga por mor da ocupación do seu pai, emprende unha loita para protexela baixo o pretexto da caridade cristiá. Con todo, aos poucos e sen darse conta, irá caendo nunha fatal atracción da que tratará de fuxir. O admirable suspense destas páxinas discorre nunhas paisaxes alpinas de natureza abrupta e lúgubre, que inflúen tanto na historia como nos propios protagonistas, impregnados dun aura morbosa que lles arrebata os sentidos e condúceos cara ás máis baixas paixóns. Este clima de terror vese potenciado polos esgrafiados de Santiago Caruso, que se abisman neste relato de amor prohibido, destrución e traxedia. «Dicir que se centra o conflito na loita entre Amor e Misión sería xerar un gastado déjà vu. Eu concíboo como unha batalla entre Natureza e Relixión. Pensei entón en pintar o animal e o vexetal invadindo a percepción da moral do mundo do Home e de Deus», explica o ilustrador arxentino.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Lama das Quendas Sala préstamo | 82-N c BIE mon | 1 | Dispoñible | LED013000014402 |
|
En 1680, o remoto mosteiro de Berchtesgaden nos Alpes bávaros foi o escenario do desgraciado amor entre Ambrosio, un mozo franciscano, e Benedicta, a filla dun verdugo. Dous séculos máis tarde, Ambrose Bierce interpretou os sinistros pormenores da lenda ata convertela na súa única novela e nunha das cimas da literatura gótica, na que se mesturan a fe, o desexo, a culpa e a redención.
A historia do monxe e a filla do verdugo empeza coa chegada do mozo franciscano que, arrepiado polo trato dos habitantes da zona cara á rapariga por mor da ocupación do seu pai, emprende unha loita para protexela baixo o pretexto da caridade cristiá. Con todo, aos poucos e sen darse conta, irá caendo nunha fatal atracción da que tratará de fuxir.
O admirable suspense destas páxinas discorre nunhas paisaxes alpinas de natureza abrupta e lúgubre, que inflúen tanto na historia como nos propios protagonistas, impregnados dun aura morbosa que lles arrebata os sentidos e condúceos cara ás máis baixas paixóns. Este clima de terror vese potenciado polos esgrafiados de Santiago Caruso, que se abisman neste relato de amor prohibido, destrución e traxedia. «Dicir que se centra o conflito na loita entre Amor e Misión sería xerar un gastado déjà vu. Eu concíboo como unha batalla entre Natureza e Relixión. Pensei entón en pintar o animal e o vexetal invadindo a percepción da moral do mundo do Home e de Deus», explica o ilustrador arxentino.
3º-4º ESO
1º-2º BAC